Nivel 1 · Principiantes · 5×5
Redución: converte o 5×5 nun 3×3
O 5×5 si ten centros fixos —iso xa o pon doado—, pero arredor de cada un hai oito pezas soltas, e cada arista está partida en tres. A Redución arranxa xustamente iso: primeiro montas os seis centros, despois as doce aristas, e a partir de aí o cubo compórtase como un 3×3 normal e resólvelo co que xa sabes. Ao final aparece un só caso novo, a paridade, que non existe nun 3×3.
Preme o botón CICLO (o do cubiño, xunto ás letras Aa) e poderás intercambiar as cores para que se asemellen ás do teu cubo.
i
Nas fases de centros e aristas verás algunhas pezas do cubo en gris: é a propósito. O gris é o que nese momento aínda non importa, para que poidas fixarte só nas pezas do caso. Arrastra o cubo co dedo para velo por detrás. Podes ver o cubo enteiro a cor premendo o botón da zona de reprodución.
↔ Arrastra para rotar o cubo
—
—