O método capa a capa
Sete pasos, da cruz branca ao cubo resolto. Escolle un paso, despois un caso da lista, e pasa ao cubo interactivo para velo aplicado — con branco arriba no primeiro paso e amarelo arriba no resto, tal e como o faría un profesional co cubo real nas mans. Vas comprobar que con moi poucas fórmulas serás capaz de resolver o cubo enteiro. E cando as teñas dominadas, atrévete a descubrir alternativas e novas fórmulas premendo — o botón de dúas frechas que verás nalgunhas tarxetas.
Se é o teu primeiro cubo, empeza aquí: non fai falta saber nada, só ler notación, e iso son cinco minutos. Son 7 pasos e un puñado de fórmulas; en uns días resolves o cubo enteiro sen axuda.