Nivel 2 · Intermedio · 3×3
F2L, OLL e PLL en dúas pasadas
Unha vez xa dominas o método Principiantes — que no fondo é unha versión simplificada do método Fridrich que usan os profesionais —, este método intermedio farate baixar de 1 minuto a 20-30 segundos con bastante facilidade. Escolle unha etapa, despois un caso da lista, e pasa ao cubo interactivo para reproducilo paso a paso.
Preme o botón CICLO (o do cubiño, xunto ás letras Aa) e poderás intercambiar as cores para que se asemellen ás do teu cubo.
Nalgúns casos tes alternativas premendo esa mesma icona (⇄): unha fórmula distinta para o mesmo caso. É unha probiña do que che espera en Avanzado, onde moitos casos teñen dúas ou máis fórmulas entre as que elixir.
↔ Arrastra para rotar a vista · ⟳ xira as cores mantendo as caras
—
—