Nivel 3 · Avanzado · Pyraminx
L4E: as catro últimas arestas, dunha vez
Aquí non se resolve a base enteira: colocas un V —só dúas arestas de abaixo— e as catro que quedan caen cun único algoritmo. Ese é todo o método, e é o que se usa en competición. Son 36 casos, e a metade van de dous en dous: cada un e o seu espello comparten tarxeta, porque a súa fórmula é a mesma cambiando as L polas R. Case todas están feitas de dous ou tres triggers encadeados, sete movementos de media, e ningunha toca o vértice de atrás.
Antes de cada fórmula, xira U ata que o teu Pyraminx se vexa como o debuxo. E se ao acabar o centro de arriba queda torto, xírao para cadralo. Eses dous axustes míranse, non se memorizan.
i
Busca sempre a aresta de diante abaixo: onde estea dicheche a pestana. As tarxetas con dous debuxos son un caso e o seu espello; o botón ⇄ amosa o outro no Pyraminx 3D.
↔ Arrastra para girar el Pyraminx
—
—