O Skewb intermedio: a cara oposta dunha vez
Este é o método de principiantes cos pasos 2 e 3 fundidos nun: en vez de orientar as catro esquinas de arriba e logo colocar o centro amarelo, fanse as dúas cousas á vez. O que se gaña non son movementos, senón paradas: onde antes mirabas o Skewb dúas veces e aplicabas dúas fórmulas, agora míraslo unha, recoñeces o caso e tiras. Son once casos, agrupados por cantos bloques fan falta, e todos se fan co sledgehammer —o bloque de catro movementos da páxina de Notación— apuntado ao vértice de arriba, á dereita ou á esquerda.
Resolve a última capa recoñecendo o caso: 11 casos, agrupados por número de bloques, e sempre coa mesma fórmula de antes. Para cando xa o resolves e queres deixar de ir ás cegas.